iria fernández
O SOAR DO VENTO
Esfarélanse as ondas no rompente das richas herculinas
As caracolas mariñas son rosasa brancas e roxas
Que agardan marmurios de ecos perdidos
Meigas e sabias a espreita.
A espreita das campás.
Das campás
-Soan todas as Campás!!!
Na Costa da Morte.
Na Morte da Costa
Polo Ouro preto
Prestige, Poseidón
Que nos mata nos maza
Rapadoira escura
Que nos mata nos maza
Na razón sin razón.
Sisargas, amadas deusas Celtas, valédeme a noite
Vos que os estentóreos ecos convertedes en sinfonías
Ecos de Sireas-barquiñas-envoltas no pranto da eterna maré
Sireas doidas desas barquiñas. SOS afogados en marés sen fe.
O silencio, torna en tropel cando xurde da botella de aguardente
Mil estreliñas cantan ao redor e cocen a sua
Xenreira na botella tapoada a 70º de alcohol. KOULT
Estoura na Costa da Morte con nomes de mulleres.
Liban ao soar as campás da traxedia: son fortes meigas.

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada